| O Studio Legale Sutti é, ó mesmo tempo, un bufete de
avogados e una axencia de patentes, e traballa dende hai cincuenta anos no
ámbito xeral dos Servicios Legais para a Empresa, exercendo as mesmas
actividades que Monti & Partners, bufete fundado en 1927 e co que
levamos a cabo unha fusión en 1993. Posteriormente, coa apertura dos nosos
bufetes en Sofía, Belgrado, Bucarest e Zagreb, os mesmos
servicios foron dirixidos tamén cara as xurisdiccións e o dereito búlgaros
e iugoslavos, a máis dos italianos.
Actualmente a nosa actividade está organizada en tres departamentos,
que traballan en estreita colaboración entre si, e interesados
respectivamente nas materias abaixo descritas. DEPARTAMENTO DE DEREITO MERCANTIL - contratos mercantiles (consultoría, elaboración de contratos,
modelos de contratos, asistencia nas negociacións en Italia e no
extranxeiro) e procesos de tal natura, xudiciais e arbitrais; No ámbito deste departamento inclúense algunhas funcións específicas,
como as de Dereito Penal, concentradas naturalmente na área do
dereito penal comercial, medioambiental e tributario, e
sobretodo as de dereito administrativo comercial e do dereito
medioambiental, creadas sobre a base dunha demanda crecente dos nosos
clientes, italianos e extranxeiros, de servicios legais nestas áreas
específicas. DEPARTAMENTO DE DEREITO INDUSTRIAL - patentes para modelos e invencións; No 1994 incluironse os servicios completos dunha axencia de patentes
(pesquisas de anterioridade, depósito de marcas, presentación de petición
de patentes, renovacións, etc.), por medio do contributo específico de
profesionais admitidos como "patent attorney" o "patent liason agent",
sendo o único bufete italiano no que forman parte integrante da
organización.
DEPARTAMENTO DE DEREITO DO TRABALLO - dereitos relativos ás relacións de traballo subordinado e
parasubordinado, A constante actualización profesional nestes sectores é garantida, entre outros, pola actividade universitaria, didáctica ou de investigación dos membros do bufete no ámbito do Dereito Industrial, Dereito Internacional, Comercio Internacional, Dereito Comunitario e Procesal Civil, con varias publicacións importantes. En cambio outros colaboradores do SLS están cualificados profesionalmente no extranxeiro ou están admitidos como axentes de patentes ou consultores. Os datos persoais, biográficos e profesionais dos nosos membros están presentes en tódolos principais anuarios profesionais internacionais, incluidos Martindale-Hubbel, International Consultants, Kime's, International Law List, Simmons, etc. Algúns dos membros e colaboradores do bufete teñen unha páxina propia ou un sito personal na Web, como Simona Cazzaniga, Giuliano Pennisi, Tito Ballarino, Gustavo Ghidini, Roberto Dini, Bruno Sassani. Un listado das varias asociacións, ordes e organizacións profesionais dos que forman parte, pódense atopar na páxina Personal Memberships. O bufete, por outra parte, fai parte de numerosas organizacións, asociacións e cámaras de comercio, elencadas, cos respectivos links, na páxina Firm's Memberships, e a parte das sedes centrais de Milán e das de Xénova e Roma, dispón de tres oficinas non centrais en Lombardía, respectivamente en Abbiategrasso (MI), para a zona suroeste da provincia de Milán e Pavía, en Monza e Brianza, e en Trescore Balneario (BG), para Bérgamo e Brescia; e dende 1992 dispón de dúas oficinas de representación situadas en Tokio e Londres - dotadas entre outras cousas dunha conexión dixital adicada e criptografada ós recursos das nostras oficinas italianas e ós membros das Cámaras de Comercio locais italianas - que teñen como único obxectivo dar asistencia legal italiana, ou segundo o caso, búlgara ou iugoslava, "in situ". Na medida en que se presentan cuestións internacionais, estamos en condicións de ofrecer ós nosos clientes internacionais unha vasta gama de servicios, utilizando a nosa rede de correspondentes, que ven revisada e actualizada constantemente, e poñendo ó seu servicio os integrantes do noso bufete que teñen como lingua nai o inglés, francés, alemán, español, xaponés, rumano, serbio ou galego e cunha experiencia significativa na xurisdicción de proveniencia. Temo-la grande ventaxa de poder xestir relacións e contactos e intercambiar informacións nos máis importantes idiomas europeos a través das principais canles de comunicación (correo, mensaxería, fonía, cable, telefax, pcfax, correo electrónico en Internet / Compuserve / Videotel, videoconferencia) e sobre tódolos soportes de memoria dixitais e analóxicos. Dende maio 1989 os contactos cos clientes do bufete lévanse tamén a cabo a través da publicación dunha Newsletter, normalmente trimestral, con comunicacións e noticias de carácter xeral e que se difunde por medio de envío postal e/ou e-mail. Dende xuño 1991 existe unha edición internacional da mesma en inglés, especialmente dirixida ós nosos clientes e corresponsais extranxeiros. Moitos outros textos en italiano e noutros idiomas, creados polos membros do bufete, que son accesibles publicamente na Web ou noutra parte, están listados aquí. Máis noticias relativas ó proceso de reclutamento de novos profesionais e ás oportunidades de prácticas ofrecidas a estudiantes e colegas extranxeiros encóntranse na páxina do sito, relativas ó reclutamento profesional. | |
|
| |
Mail us - Top of page - Home Page - Next Page
| |